Presentación de 'Made in Galiza' en Istambul

Categoría: Nova

Será o sábado 6 de novembro, na Feira do Libro de Istambul cando Séchu Sende presentará as traducións ao curdo e ao turco do seu 'Made in Galiza'.
O escritor, segundo nos informa, dará unha conferencia que servirá como reivindicación das linguas en vías de normalización, denuncia da política lingüística do goberno galego incluída, entre outros asuntos, así como unha chamada internacional á condear a situación da lingua curda.
Posteriormente, o día 13, presentará a tradución ao curdo na capital do Kurdistán, Diyarbakir, onde lerá o mesmo texto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email