'Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim'

Categoría: Nova

Made in Galiza, o libro de Séchu Sende que recibiu o Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2007, foi presentado o pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Kurdistán da man da prestixiosa editorial Avesta, co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, "Nin en soños vou perder a miña lingua".

A obra, da que xa foron traducidos varios relatos ao bretón, ao checo, ao croata, ao ruso, ao galés, ao euskera, ao asturiano, ao catalán ou ao inglés, presentouse na Feira do Libro da capital curda Diyarbakir.

Unha casa de palabras: Nin en soños vou perder a miña lingua
O libro foi traducido por 35 persoeiros curdos e publicáronse tres edicións xuntas de 1000 exemplares cada unha, marcando así un período novo no sistema literario curdo. Terá un precio de 4 lLiras -arredor de 2 euros- que é unha terceira parte do prezo habitual para un libro coas mesmas características.

O responsable da Editorial Avesta Abdulhah Keskin di que: "O interés dos lectores polo libro será unha enquisa para nós, publicámolo tendo en conta os desexos do lector curdo. Chamamos aos lectores a que veñan e que poñan as súas palabras encima das nosas e desta maneira construamos unha casa de palabras, fagamos un país de palabras desde un lugar sen palabras!".

Do prólogo da Editorial Avesta
"Unha parte importante da situación da lingua curda está relacionada coa psicoloxía. Neste libro podemos ver que este problema non é só dos kurdos, despreciarse a sí mesmo é unha característica común dos pobos sometidos. Cremos que este libro pode xogar un papel importante. Para que se lea, fixemos importantes innovacións, coa tradución, coa edición, co prezo, coa presentación, coa súa publicidade… representando todos estos factores un concepto novo. Oxalá que o teñamos conseguido!".

Comparte nas túas redes sociais ou por email