A fin da terra

María Rosa Lojo

Historias e personaxes de Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen nesta novela, que é unha busca intensa e fascinante do enigma das orixes.

Unha das escritoras arxentinas máis destacadas actualmente é María Rosa Lojo, de quen Editorial Galaxia publica, en tradución galega, a novela A fin da terra. As orixes familiares da autora, de pai galego, teñen moito que ver con esta obra que sae á luz no 2006 ao mesmo tempo en castelán que en galego.

Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind, promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe. Entrementres Elizabeth fai amizade co case adolescente Oscar Wilde, rexeita ofertas matrimoniais e, fascinada,descobre un pasado, encóntrase co que descoñece de si mesma.

Historias e personaxes de tempos e culturas diferentes, dun e doutro lado do Atlántico, da Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen neste romance, unha procura no enigma da identidade, un "camiño de Fisterra". metáfora do límite e do extremo onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2006-02-13
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-886-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

FALECEU XOHÁN LEDO2008-06-25 10:04:06

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

maria rosa

Lojo, María Rosa
Naceu en Bos Aires en 1954. O seu pai, un galego republicano, exiliouse na Arxentina logo da Guerra Civil. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe.

María Rosa é escritora, investigadora e Doutora en Letras pola Universidade de Bos Aires. Profesora de Ensino Secundario, Normal e Especial en Letras, egrexa da Universidad de Bos Aires con Diploma de Honor.

Traballa como investigadora do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas, con sede na Universidade de Bos Aires. Dirixe dous proxectos de investigación na Universidade do Salvador onde dicta, ademáis, un Seminario-Taller de Doutoramento. Ten ao seu cargo a coordinación do equipo internacional de investigadores que realiza a edición crítica de Sobre héroes y tumbas para a Colección Arquivos da UNESCO.

A súa obra abrangue distintos xéneros: artigos, poesía, ensaio, conto e novela. En Galaxia ten publicado a novela A fin da terra e o fermoso álbum O libro das Seniguais e do único Senigual.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR