A fin da terraMaría Rosa LojoHistorias e personaxes de Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen nesta novela, que é unha busca intensa e fascinante do enigma das orixes. Unha das escritoras arxentinas máis destacadas actualmente é María Rosa Lojo, de quen Editorial Galaxia publica, en tradución galega, a novela A fin da terra. As orixes familiares da autora, de pai galego, teñen moito que ver con esta obra que sae á luz no 2006 ao mesmo tempo en castelán que en galego. Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind, promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe. Entrementres Elizabeth fai amizade co case adolescente Oscar Wilde, rexeita ofertas matrimoniais e, fascinada,descobre un pasado, encóntrase co que descoñece de si mesma. Historias e personaxes de tempos e culturas diferentes, dun e doutro lado do Atlántico, da Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen neste romance, unha procura no enigma da identidade, un "camiño de Fisterra". metáfora do límite e do extremo onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasA arxentina María Rosa Lojo publica en galego "A fin da terra" con Galaxia. A novela será presentada nos vindeiros días na Feira do Libro de Bos Aires.2006-04-25 14:35:58 María Rosa Lojo presenta en Galicia "A fin da terra"2006-04-25 14:35:58 FALECEU XOHÁN LEDO2008-06-25 10:04:06 Galaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.2006-05-12 09:41:13 A FIN DA TERRA, de María Rosa Lojo, premiada en Tailandia2015-11-03 08:53:10 Homenaxe a María Rosa Lojo na Feira do Libro de Buenos Aires2016-03-04 08:33:08
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasGalaxia organiza un debate arredor da tradución en Galicia.2006-05-04 20:00:00
Novidades
| |||||||||
|