Unha bonita escapadaAnna GavaldaESGOTADO A nova novela da autora de Xuntos e máis nada. Unha historia áxil, tenra e divertida, na que tamén caben o humor e a crítica dos convencionalismos. Publicada en Francia en novembro do 2009, Unha bonita escapada está a ser unha das novidades máis lidas en francés nestes últimos meses. Nesta novela curta cóntase a historia de Simon, Garance e Lola, tres irmáns e irmás que escapan dunha voda que se anuncia especialmente anoxadora. Marchan en procura do máis novo da familia, Vincent, que é guía turístico nun recuncho perdido da campiña francesa. Esquecendo por unhas horas fillos, parellas, divorcios, preocupacións e obrigas sociais, deciden agasallarse por unha vez cunha auténtica e bonita xeira de liberdade. Anna Gavalda é a autora de Xuntos e máis nada, un dos títulos de maior éxito da Biblioteca Compostela, con 3 edicións, e foi Premio Novela Europea do Casino de Santiago no 2005. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasNovidades en tradución de Galaxia2011-06-28 10:53:23
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||
|