Naceu en 1970 en Boulogne-Billancourt (París). En 1999 saltou á fama coa obra Quixera que alguén me agardara nalgún lugar, galardonado co Grand Prix RTL-Lire 2000, unha colección de relatos da que se levan vendidos setecentos mil exemplares en Francia e que foi traducida a dezanove idiomas. A súa primeira novela, Amabaa (2002), consagrouna a nivel internacional ao ser publicada con grande éxito de vendas en vinteún países.
Coa segunda novela Xuntos e máis nada (2004) o fenómeno internacional seguiu en aumento. Foi levada ao cine en 2007 por Claude Berri. Hoxe en día é a escritora francesa máis lida, aclamada por unha crítica e un público absolutamente entregados. Vive cerca de París.