
(Moraña, 1965) obtivo o premio Blanco Amor en 2002 coa súa primeira novela, As voces da noticia (Galaxia). En 2006 publicou Esta historia (Galaxia). Coa súa terceira novela, Un tipo listo (Galaxia), conseguiu o premio García Barros en 2009 e foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento en 2011. En 2012 publicou O curioso mundo das persoas normais (Galaxia). En 2016, Todo canto fomos (Galaxia), novela unanimemente eloxiada pola crítica, que acadou un grande éxito lector e coa que obtivo en 2017 o Premio á mellor obra narrativa na Gala do Libro Galego e mais o Premio San Clemente. En 2021 gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela Eternity (Galaxia).