(Moraña, 1965) obtivo o premio Blanco Amor en 2002 coa súa primeira novela, As voces da noticia. En 2006 publicou Esta historia. Coa súa terceira novela, Un tipo listo, conseguiu o premio García Barros en 2009 e foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento en 2011. En 2012 publicou O curioso mundo das persoas normais. En 2016, Todo canto fomos, novela unanimemente eloxiada pola crítica, que acadou un grande éxito lector e coa que obtivo en 2017 o Premio á mellor obra narrativa na Gala do Libro Galego e mais o Premio San Clemente.