Cea literaria no García Barros

Categoría: Nova

Arredor dun tema proposto previamente, este ano centrado na cuestión "Para que lectores escribimos? A importancia da masa lectora na literatura galega", durante a sobremesa desenvolveuse un debate que foi aberto por Xosé Antonio Dono, alcalde da Estrada, e polo concelleiro de cultura, Manuel Sanmartín.

Logo da intervención de Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia, que fixo fincapé na vocación da novela gañadora de chegar a un público lector amplo e diverso, iniciouse o coloquio, no que participaron escritores e escritoras coma o propio Xosé Monteagudo, Anxos Sumai, Xerardo AgraFoxo, María López Sández, Antón Riveiro Coello, Adolfo Caamaño e Xesús Constela, gañador da edición anterior do premio coa novela Shakespeare destilado. As diferentes intervencións centráronse en cuestións coma "Para que escribimos?" e na relación entre literatura de ideas e literatura de entretemento.

A fronteira entre o literario e o extraliterario foi outra das preocupacións centrais do debate, no que tamén interviron os críticos literarios Xosé Manuel Eyré, Armando Requeixo, Inma Otero Varela e Luís Alonso Girgado, amais da tradutora Mª Fe González.

Comparte nas túas redes sociais ou por email