Terán que vir libros por Reis, para que sexan de verdade Magos.
Terán que vir libros por Reis, para que unha viaxe tan longa teña sentido.
Terán que vir libros por Reis, para que os agasallos sexan regalos.
Terán que vir libros por Reis, porque as galdrumadas tamén poden ser de papel.
Terán que vir libros por Reis, porque os cativos e as cativas precisan comer soños.
Terán que vir libros por Reis, porque os pequechos e as pequechas non saben vivir sen ilusión.
Terán que vir libros por Reis.
Terán que vir.