Este libro conta a historia de Guille,
Este libro conta a historia de Guille,un neno riseiro, introvertido, imaxinativo e aparentemente feliz. Pero iso é só en aparencia porque, por debaixo de tanta felicidade, atópanse cousas algo escuras. Guille só ten unha amiga. Semella feliz e forte, mais é fraxil, e cun misterio sen resolver. Temos que coñecer o seu pai en crise, a súa nai atarefada, a unha mestra curiosa e incluso a súa psicóloga, para que o labirinto teña unha saída. Alejandro Palomas ofrécenos unha novela chea de tenrura, verdades a media voz e, sobre todo, misterio…

Cursou estudos de Filoloxía Inglesa na Universidade de Barcelona, especializándose máis tarde en Poesía no New College de San Francisco, nos Estados Unidos. Tras completar estes estudos traballou como tradutor en importantes editoriais e como colaborador de varios medios de comunicación, actividade que soubo alternar co seu labor como escritor. De entre a obra de Palomas habería que destacar moitos títulos pero, sobre todo, a triloxía formada polos libros Una madre, Un hijo e Un perro.
Foto do autor de Sofía Toscano.