Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de RibadaviaDolores VilavedraInma López SilvaUn completo e sistemático estudio do fértil movemento escénico xerado arredor das Mostras e Concursos teatrais dos anos 70 en Ribadavia. Entre 1973 e 1980 celebráronse na vila ourensá, organizadas pola Asociación Cultural Abrente, unha serie de mostras e concursos teatrais que supuxeron o inicio do teatro profesional galego. As autoras deste libro puideron acceder á documentación de Abrente, gardada no Museo Etnolóxico de Ribadavia, e elaborar este rigoroso estudo. A súa visión complétase cos testemuños escritos para este libro por algúns dos principais protagonistas daquela historia. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||||
|