Eu roubei o Santa MaríaJ. SoutomaiorUn libro para coñecer desde dentro o secuestro do trasantlántico Santa María, episodio épico da resistencia ás ditaduras da Península O día 22 de xaneiro de 1961 un comando do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico) pon en marcha a Operación Dulcinea, o secuestro en mar aberto do transatlántico Santa María. Tratábase de chamar a atención do mundo sobre as dictaduras de Franco e Oliveira Salazar. Dous portugueses –o xeneral sen medo Humberto Delgado e o capitán Galvão- e dous galegos -Xosé Velo e José Fernández Vázquez, máis coñecido como Comandante J. Soutomaior– foron os protagonistas principais daqueles feitos. J. Soutomaior escribiu dez anos despois o apaixonante relato daquela xesta, convertida xa nun episodio mítico da loita contra a tiranía en España e Portugal. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||
|