J. Soutomaior, é o nome de guerra máis célebre dos varios utilizados durante a súa vida por José Fernando Fernández Vázquez (A Pobra do Caramiñal, 1904-Caracas, 1986). Mariño profesional e identificado desde moi novo cos ideais revolucionarios, Soutomaior é o o defensor republicano da Ría de Arousa durante o levantamento de 1936. Controlada Galicia polo franquismo, resiste nos montes do Barbanza ata que logra fuxir á zona leal. Cando remata a Guerra Civil é detido pola Gestapo e internado no campo de exterminio de Auschwitz, do que sae coa derrota nazi pesando tan só 37 quilos. En 1948 se instala en Venezuela e, incansable na súa actividade revolucionaria, é un dos creadores do DRIL, efémero grupo de oposición que pasará á historia do antifranquismo polo secuestro do transatlántico Santa María.