Estás aquí:

Código: 2932

Caderno de Xapón

16,55  IVE INCLUIDO
A narración a modo de ensaio literario do encontro de Murado coa realidade xaponesa, estraña na súa apariencia occidental e profundas raíces tradicionais.
O que nos ofrece Miguel-Anxo Murado neste libo é unha exploración da interioridade da vida xaponesa, a través dunha mirada atenta e curiosa. O autor párase na observación dos detalles cotiáns, desde as cerimonias, a alimentación, as artes marciais ou a lingua ata as peculiares relacións que os xaponeses establecen coa relixión, a natureza, a historia, a beleza ou os estranxeiros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 144
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/05/2001
Dimensións 135 X 198 mm.
Colección: Continental (Xornalismo
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-375-5
Observacións:

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Murado, Miguel Anxo
Miguel-Anxo-Murado-196x220

Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón.

En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series.

Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa.

Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.

As súas obras

Tres minutos no aire
tres-minutos-no-aire
21.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Continental (Xornalismo

A nacencia do socialismo en Galicia
nacencia
3.00€ CON IVE
Caderno de Xapón
caderno de xapon
16.55€ CON IVE
Eu roubei o Santa María
foto
3.00€ CON IVE
Historia dun crime. O caso do metílico
historia crime
3.00€ CON IVE
La Habana Flash
foto
20.85€ CON IVE
Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia
abrente teatral
25.40€ CON IVE