Murado, Miguel Anxo

Miguel-Anxo-Murado-196x220
Murado, Miguel Anxo

Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón.

En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series.

Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa.

Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.

As súas obras

Ruído. Relatos de guerra
Ruído. Relatos de guerra
12.10€ CON IVE
Escrito en cafeterías
Escritos en cafeterías
18.50€ CON IVE
Fin de século en Palestina
palestina
22.70€ CON IVE
O soño da febre
febre
15.90€ CON IVE