Estás aquí:

Código: 2945

Sobre a lingua galega de Rosalía de Castro

20,80  IVE INCLUIDO
O primeiro traballo da autora sobre Rosalía foi a súa memoria de licenciatura.
Esta memoria foi lida en decembro de 1986 e valorada coa máxima cualificación. Inédito este libro durante case corenta anos, aínda hoxe -como di o prologuita destaprimeira edición- "mantén toda a vixencia e non foi superado por ningún estudo posterior". Son palabras do profesor Antón Santamarina, sabio e ponderado filólogo. Estamos convencidos de que os investigadores e profesores de Lingua e Literatura galegas atoparán nas páxinas deste monografía resposta precisa ás súas inquedanzas. Trátase dun traballo moi elaborado e minucioso que a autora construíu co rigor e a prudencia que a caracterizaban nas súas investigacións. Ofrecémolo hoxe en edición facsimilar, tamén como homenaxe a aquela meticulosa investigadora que acabada de facer vinte e cinco anos no outono de 1986.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 166
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 157 x 297 mm.
Colección: Manuais
Nº na colección: 12
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-452-7
Observacións: Prólogo: Antón Santamarina // Limiar: Xesús Alonso Montero

AUTORES/AS

Álvarez Ruiz de Ojea, Victoria
victoria-alvarez-ruiz-de-ojeda

(Vigo, 1961-2018), licendiada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1984), foi profesora de Lingua Castelá e Literatura en varios institutos, no de Mos (Pontevedra) nos últimos anos. Neles deixou a imprenta do seu maxisterio, da súa cultura e do seu sabio achegamento ás palabras e aos textos. Como investigadora, cómpre salientar os seus estudos sobre a biografía de Rosalía de Castro, a máxima especialista nese eido desde o pasamento de Fermín Bouza-Brey (1973). Abordou, tamén con rigor, outros autores e temas: Manuel Murguía, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Eduardo Blanco Amor, os poemas galegos de García Lorca, a historia da Real Academia Galega, a poesía en idioma galego de Carles Riba, a relación coas Letras Galegas de Gabriel Aresti, o neotrobadorismo de Luz Pozo, as traducións de Eça de Queiroz por Valle-Inclán, os heterónimos en Galicia etc.

As súas obras

Sobre a lingua galega de Rosalía de Castro
Sobre-a-lingua-galega-de-Rosalia-de-Castro
20.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Manuais

A filosofía, outra historia.
foto
24.20€ CON IVE
A narrativa galega na fin de século
narra
24.75€ CON IVE
Así naceu unha lingua. Sobre as orixes do portugués
9788491516170
18.00€ CON IVE
Gramática da lingua galega
gramatica lingua
30.50€ CON IVE
Historia da Literatura Galega
foto
24.75€ CON IVE
Historia de Galicia
Historia de Galicia
27.80€ CON IVE
Historia social da lingua galega
Historia-social-da-lingua-galega
esgotado
Historia social da lingua galega (3ª ed.)
Historia-social-da-lingua-galega
28.95€ CON IVE