É un estudo que pretende reconstruír as complexas relacións entre lingua e sociedade en Galicia a través do tempo
Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestina tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe unha achega fundamental e enriquecedora ao coñecemento do noso pasado desde a perspectiva da Sociolingüística. A través das súas páxinas, pódese seguir a evolución da relación entre a sociedade galega e as linguas (nomeadamente, o galego, o latín e o castelán), contextulizada nas sucesivas coordenadas históricas e socio-culturais. Aténdese tanto o ámbito da comunicación -as funcións sociais das linguas- como as ideoloxías e os imaxinarios colectivos -as representacións sociais- e a maneira en que se integran nas dinámicas de moldeamento das identidades sociais. Rica en información, que se presenta de xeito claro e conciso, esta obra ofrece perspectivas novidosas sobre a historia social do idioma galego, e, por iso, desde a súa primeira edición en 1999, se tornou referencia obrigada para os estudosos e todas as persoas interesadas polo tema.
Henrique Monteagudo (Esteiro, Muros, 1959). Doutor e catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega, é académico numerario e vicesecretario da Real Academia Galega. Foi coordinador da Sección de Lingua e secretario do Consello da Cultura Galega. Dirixe Grial. Revista Galega de Cultura.
O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da historia do idioma galego, os estudos sociolingüísticos, e a edición de textos galegos de todas as épocas. Desde a súa tese de doutoramento vén dedicando continuada atención á historiografía das ideas lingüísticas. É autor, entre outras obras, de Historia social da lingua galega (Galaxia, 1999; 3º edición de 2024), Castelao. Defensa e ilustración do idioma galego (Galaxia, 2000), Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia do galego escrito e os primordios da lírica trobadoresca (2008), As razóns do galego. Apelo á cidadanía (Galaxia, 2009), Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística (2012) e O idioma galego baixo o franquismo (Galaxia, 2021)