Unha historia das ideas e dos sistemas filosóficos.
Brevidade expositiva, argumentación rigorosa e claridade conceptual foron os tres obxectivos dos autores de A Filosofía, outra historia ó emprenderen a redacción deste libro. Trátase dunha historia das grandes ideas e sistemas filosóficos que non pretende outra cousa que estimular a curiosidade do lector e espertar as súas inquedanzas en torno a un dos logros culturais máis potentes e distintivos do espírito humano.
Comparte nas túas redes sociais ou por email
Detalles do libro
Páxinas: 360
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/11/1999
Dimensións 141 x 210 mm.
Colección: Manuais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-314-4
Observacións:
AUTORES/AS
Rodríguez Álvarez, Manuel
(Ourense, 1945) é catedrático no instituto de San Tomé, en Vigo, e membro do consello de redacción da revista Grial, onde publicou diversos traballos.