(Vigo, 1961-2018), licendiada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1984), foi profesora de Lingua Castelá e Literatura en varios institutos, no de Mos (Pontevedra) nos últimos anos. Neles deixou a imprenta do seu maxisterio, da súa cultura e do seu sabio achegamento ás palabras e aos textos. Como investigadora, cómpre salientar os seus estudos sobre a biografía de Rosalía de Castro, a máxima especialista nese eido desde o pasamento de Fermín Bouza-Brey (1973). Abordou, tamén con rigor, outros autores e temas: Manuel Murguía, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Eduardo Blanco Amor, os poemas galegos de García Lorca, a historia da Real Academia Galega, a poesía en idioma galego de Carles Riba, a relación coas Letras Galegas de Gabriel Aresti, o neotrobadorismo de Luz Pozo, as traducións de Eça de Queiroz por Valle-Inclán, os heterónimos en Galicia etc.