Luís Rei (O Grove, 1960-Pontevedra 2015) foi bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Investigador sobre vida e a obra de Ramón Cabanillas, arredor da figura do poeta cambadés publicou diversos artigos e relatorios, entre os que cómpre salientar “Cabanillas en Cambados, a forxa dun poeta” (2000), “Ramón Cabanillas: a disidencia republicana” (2006) e o libro, Ramón Cabanillas, xornalista cambadés (2001), en colaboración con Xabier Camba. Tamén é autor da obra de teatro Camiño longo. Antre as roseiras de Cabanillas (2004).