RAMÓN CABANILLAS na Coruña

Categoría: Nova

Coincidindo co medio século do pasamento do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa se puido visitar en Vigo e Cambados.

O acto contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Luís Rei, comisario da exposición, e María Xosé Bravo, concelleira de cultura do Concello da Coruña.

A exposición poderase visitar todos os días ata o vindeiro 21 de febreiro no seguinte horario: de 12.00 a 14.00 horas, e de 18.00 a 21.00 horas.

Dende a nosa web podes descargar completos os contidos desta mostra sobre Ramón Cabanillas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email