Do 7 de febreiro ao 14 de marzo desenvolverase en Pontevedra a nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que lle renderá homenaxe ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz.
No acto, que terá lugar o 13 de marzo no Auditorio do Pazo, intervirá o escritor Xabier P. Docampo e actuarán os músicos Mini e Mero.
Dentro das moitas actividades do Salón, destacan outros actos como a lectura colectiva en homenaxe a Anisia Miranda ou conferencias como a que impartirá Inma López Silva o mércores 10 de febreiro baixo o título "Nova York coma cidade con luz".