Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa se puido visitar en Vigo e Cambados.
O acto desta tarde contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Luís Rei, comisario da exposición, e María Xosé Bravo, concelleira de cultura do Concello da Coruña.
A exposición poderase visitar todos os días ata o vindeiro 21 de febreiro no seguinte horario: de 12.00 a 14.00 horas, e de 18.00 a 21.00 horas.
Dende a nosa web podes descargar completos os contidos desta mostra sobre Ramón Cabanillas.