PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ DE NARRATIVA 2024
Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sexuais, veladas ameazas, segredos inconfesables… e unha misteriosa caixa de zapatillas de ballet que forma parte da súa historia familiar.
Mariña decatarase de que o sacrificio que por ela fixeron durante anos os seus seres máis queridos non merece esmorecer a causa do odio que se profesa a si mesma.
Noela Rivas debuta nas nosas letras retratando con brío e fidelidade a mocidade galega actual sen ambaxes, tal e como son, pensan, desexan e actúan.
(Brión, 2002) é estudante de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela. En 2016 foi seleccionada como gañadora autonómica da 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto por Bágoas de madrugada, e foi finalista da edición en castelán co relato “Susurro de nostalgia”. Neste mesmo ano completou un Curso Intensivo de Creación Literaria en Función Lenguaje, centro de literatura aplicada de Madrid. Actualmente edita o blog boidepallaboidepalla.blogspot.com, un espazo web integramente en lingua galega.