Ollos de augaDomingo VillarA novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos. Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasEditorial Galaxia presentou "Ollos de auga" de Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo2007-05-23 10:33:50 Os máis vendidos no 20062008-06-25 10:03:44 Traducións de "Ollos de auga"2008-01-15 10:24:36 Novo premio para "Ollos de auga"2008-01-15 10:25:45 "Ollos de auga" no Times Literary Supplement2008-11-11 09:50:01 Traducidos ao castelán, ao alemán... Literatura sen fronteiras.2009-07-17 09:32:27 Volve Leo Caldas2009-07-17 09:31:33 Domingo Villar en Vigo2009-07-17 09:29:31 Domingo Villar, o autor do verán2009-11-30 10:05:46 Dous novos recoñecementos para Domingo Villar2010-01-11 10:03:03 'A praia dos afogados' cada vez máis internacional2011-06-28 10:54:34 'A praia dos afogados' é o Libro do Ano2011-06-28 10:53:23 Décima edición para 'Ollos de auga'2012-06-08 12:13:40
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasEncontro cos lectores de Domingo Villar2007-03-26 09:00:00 Domingo Villar conversa cos seus lectores2008-03-31 12:00:00 Conferencia de Domingo Villar: "Escribir novela negra"2009-01-15 20:00:00 Sinatura de Domingo Villar na Casa do Libro de Vigo2009-06-10 19:00:00 Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo2009-07-16 20:00:00 Sinatura de Domingo Villar en Sanxenxo2009-08-19 20:00:00 Domingo Villar no Imaxina Sons 20102010-06-30 20:00:00
Novidades
| |||||||||||||||||
|