Estás aquí:

Código: 2047

Oliver Twist

24,70  IVE INCLUIDO
A obra literaria de Charles Dickens é unha das referencias fundamentais da narrativa do século XIX.
Publicada por entregas entre 1837 e 1839, Oliver Twist narra a historia dun orfo abandonado nun hospicio e empurrado logo á mala vida. O pulo dos personaxes, a vívida descrición de ambientes e o senso do humor son elementos que o escritor inglés combina con mestría para contar unha historia na que a opresión social e a dominación do home polo home son criticadas coa vizosa imaxinación coa que o protagonista dun conto de fadas se enfronta a un ogro, coas armas da literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 538
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 28/12/2006
Dimensións 140 x 220 mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-971-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Dickens, Charles
dickens

Charles John Huffan Dickens (Portsmouth, 1812 – Gad’s Hill Place, 1870), famoso novelista inglés e un dos máis coñecidos da literatura universal. Soubo manexar con mestría o xénero narrativo, o humor, o sentimento tráxico da vida, a ironía, cunha aguda e álxida crítica social así como as descripcións de xentes e lugares, tanto reais como imaxinarios.

Críticas posteriores, como as de George Gissing e G. K. Chesterton, defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como creativos e inolvidables e a súa sensibilidade social como atraente. Non obstante, tamén recibiu críticas dos máis extraordinarios lectores, incluíndo a George Henry Lewes, Henry James, e Virginia Woolf, quenes sinalaron certos defectos, como sentimentalismo difuso, acontecidos irreais e personaxes grotescos.

A popularidade das súas novelas e relatos cortos durante a súa vida e na actualidade é fácilmente demostrada polo feito de que ningunha se deixou de publicar. Dickens escribiu novelas seriadas, un formato usual para a ficción na súa época, pola simple razón de que non todo o mundo tiñá os recursos económicos necesarios para comprar un libro, e cada nova parte das súas historias era esperada con gran entusiasmo polos seus lectores, nacionais e internacionais. Dickens é actualmente, coma sempre o foi, admirado por escritores en todas partes coma un ídolo literario.

As súas obras

Oliver Twist
oliver twist
24.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
23.60€ CON IVE
As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE
Contos completos I
contos
23.30€ CON IVE
Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE
Contos completos III
contos
23.30€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
25.85€ CON IVE