Estás aquí:

Código: 2053

As flores do mal

25,00  IVE INCLUIDO
Poesía cun ritmo e cunha musicalidade únicos que a vizosa tradución galega de Gonzalo Navaza consegue transmitir na súa plenitude.
Con As flores do mal (1857), Charles Baudelaire situaba a poesía na encrucillada da literatura moderna. Nada do escrito despois se había de ler do mesmo xeito, xa non se podería escribir coma antes. Por primeira vez, a poesía descobre a ruidosa corrente da multitude, asexa a beleza en territorios onde nunca se concibira a súa existencia, conquista a cidade e acariña o escuro mundo da finitude e do perverso. Un alento descoñecido ata daquela percorre os versos dun libro considerado un dos fitos da literatura de todos os tempos.

Esta tradución de Gonzalo Navaza recibiu o premio á mellor do 2008 da AELG.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 584
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 05/11/2008
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-125-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Baudelaire , Charles
baudelaire

Charles Pierre Baudelaire (Paris, 1821-1867) foi poeta, crítico de arte e tradutor. A súa vida bohemia, xunto coa visión do mal que impregna a súa obra, levaron a que fose considerado poeta maldito.

Foi o poeta de maior impacto no simbolismo francés. As súas influencias máis importantes foron Théophile Gautier, Joseph de Maistre (de quien dixo que lle ensinara a pensar) e, particularmente, Edgar Allan Poe, cuxa obra traduciu extensamente.

As súas obras

As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
23.60€ CON IVE
As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE
Contos completos I
contos
23.30€ CON IVE
Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE
Contos completos III
contos
23.30€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
25.85€ CON IVE