Estás aquí:

Código: 2054

Contos completos I

23,30  IVE INCLUIDO
Por primeira vez publícanse en galego os Contos completos de Edgar Allan Poe e faise nunha edición sistematizada, que segue a orde cronolóxica e o texto establecido pola edición canónica de The Library of America. Saen do prelo os volumes I e II dunha obra que se rematará de publicar en 2010 coa edición do terceiro e último tomo.
A publicación destes dous primeiros volumes dos Contos completos, de Edgar Allan Poe (Boston, 1809-Baltimore, 1849), realízase dentro de Clásicos Universais, colección que ten como obxectivo traducir para o galego as obras fundamentais da tradición literaria mundial. A obra contística de Poe é unha das que fundan a tradición literaria moderna, salientando como precursora en diversos subxéneros coma o policial e o de misterio. A súa influencia nos autores posteriores chega ata hoxe e a súa tradución sistemática para o galego ten relevancia, ademais, pola papel central do conto na tradición literaria do noso país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 416
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 05/11/2009
Dimensións 13,5 x 21 cm mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-229-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Poe, Edgar Allan
poe

Edgar Allan Poe (Boston, 1809-Baltimore, 1849) foi escritor, poeta, crítico e xornalista. É un dos mestres do relato breve, un autor fundamental na renovación da novela gótica, e recordado especialmente polos seus contos de terror.

Galaxia ten publicado na colección Clásicos Universais os seus Contos completos en 3 volumes.

As súas obras

Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
23.60€ CON IVE
As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE
Contos completos I
contos
23.30€ CON IVE
Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE
Contos completos III
contos
23.30€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
25.85€ CON IVE