Estás aquí:

Código: 2039

Antoloxía do Doce Estilo Novo

23,60  IVE INCLUIDO

A POESÍA DUNHA ÉPOCA. Para comprendermos a historia da poesía europea compre coñecer unha escola poética fundamental que xurdiu na Italia do século XIII: o Doce Estilo Novo.

En colaboración coa Fundación Caixa Galicia, Galaxia publica na colección Clásicos Universais a Antoloxía do Doce Estilo Novo, en edición e tradución do poeta e escritor Darío Xohán Cabana.
Setecentos anos despois, aquela poesía que revolucionou o gusto literario de toda unha época conserva a súa viveza e segue a revelar un labor literario obsesionado coa exactitude expresiva e que mostra a sensibilidade duns poetas que eran conscientes de estar construíndo un pensamento poético novo.
Dante Alighieri foi quen bautizou e caracterizou por primeira vez esta escola poética, da cal é considerado o principal expoñente. Agora, os lectores e lectoras poden apreciar a mestría do poetizar dunha escola que había deixar fonda pegada na evolución da linguaxe poética. A coidada tradución de Darío Xohán Cabana publícase, en edición bilingüe, acompañada do texto orixinal italiano.

Esta nova concepción poética, que xurdiu nas cidades italianas de Florencia e Boloña no derradeiro terzo do século XIII, é unha maneira diferente de entender a vida sentimental, unha sensibilidade nova expresada a través da poesía. O iniciador desta nova maneira de poetizar sería Guido Guinizelli, e logo viría o grande Cavalcanti. Ao carón e á sombra destas senlleiras figuras, a antoloxía inclúe, entre outros poetas, a Lapo Gianni, a Gianni Alani e a Dino Frescobaldi. Todos eles desenvolveron a súa obra cunha abraiante afinidade e uns logros que han sorprender ao lector ou lectora de hoxe.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 452
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 29/12/2004
Dimensións 13 x 21 mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-756-2
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2007
anuario 07
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
23.60€ CON IVE
As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE
Contos completos I
contos
23.30€ CON IVE
Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE
Contos completos III
contos
23.30€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
25.85€ CON IVE