Dickens, 200 anos despois

Categoría: Nova

Antonte cumpríronse dous centos anos do nacemento do escritor inglés Charles Dickens. O seu 'Oliver Twist', está considerada unha das obras máis importantes da historia, en especial polo poderío narrativo do seu arranque, evocador como poucos.
As principais editoriais do mundo dedicarán este ano importantes esforzos a reinvindicar a figura do narrador británico. Dende Galaxia, coherentes coa liña inaugurada hai anos, e que vén practicamente dende os tempos da fundación da nosa editorial, de incorporar ao catálogo e traer para o galego aos grandes autores de todas as linguas, temos o seu 'Oliver Twist' publicado e nas librerías dende o ano 2006.
O bicentenario pode ser unha máis que boa escusa para nos volver a achegar á obra deste creador de personaxes inmorrentes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email