Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Dentro dos actos do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, no que a nosa editorial ten unha importante presenza, presentaremos mañá, ás 20 horas, a obra de Andersen, que inaugurou a colección Árborecinema, 'O soldadiño de chumbo'. A obra está editada canda o DVD producido por Algarabía e Continental, do mesmo título e […]

O SEÑOR DAS DUNAS, espectáculo para toda a familia, comeza esta fin de semana

Esta fin de semana, Merlín Comunicación, empresa do Grupo Editorial Galaxia, dá comezo á súa montaxe, preparada para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro do programa de dinamización lingüística, falaRedes, e que titulamos 'O señor das dunas'. O espectáculo, de corte familiar, percorrerá Galicia comezando a súa andaina, esta fin de semana, no Morrazo. […]

FACER PAÍS CO IDIOMA SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA

O pasado sábado, o profesor e codirector da revista GRIAL, Henirque Monteagudo, leu un texto titulado FACER PAÍS CO IDIOMA. SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA. Polo seu interese reproducímolo hoxe aquí. Podes descargalo dende a ligazón que atoparás á dereita destas liñas.

Henrique Monteagudo ingresou na RAG

Solemnemente, rodeado de familiares e amigos, cunha ampla representacion da vida cultural, política e académica, Henrique Monteagudo Romero, filólogo, especialista en sociolingüística, autor de Galaxia e codirector da revista GRIAL ingresou con todos os honores na primeira institución da nosa cultura, fundada por Manuel Murguía en 1905, cun discurso sobre o presente e o futuro […]

Presentacion de "Laura no deserto" na Pobra do Caramiñal

Acompañado de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, de Jorge Abal, presidente do Liceo Pueblense, e do profesor Xesús Laíño, presidente da asociacion cultural Barbantia, o escritor Antón Riveiro Coello presentou entre os seus paisanos a súa última novela: unha historia ambiciosa, coral, que percorre o século XX e aborda cuestións candentes e de […]

Henrique Monteagudo ingresa na Academia

Este sábado 25 de febreiro ás 12 da mañá celebrarase o acto do ingreso na Real Academia Galega do profesor e codirector da Revista Grial, no Paraninfo da Universidade de Santiago (Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade), Henrique Monteagudo. O seu discurso titularase "Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística", que responderá […]

Na volta dun clásico de Steinbeck

Son lexión os lectores e lectoras do mundo enteiro que recoñecen unha débeda fundamental con John Steinbeck por obras inmorrentes, en boa medida popularizadas dun xeito global polo cinema, como 'As uvas da ira' ou 'Ao leste do Edén', esta última protagonizada polo inesquecible James Dean. 'A perla', outro dos seus clásicos que agora publicamos […]

Valentín Paz-Andrade en Galaxia

O xornalista Xan Carballa achéganos ao homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012. Amena, rigorosa e ben documentada, esta Biografía é un completo percorrido pola traxectoria vital do ensaísta, poeta e político. Unha vida que atravesa o século XX, desde a ditadura de Primo de Rivera á Transición. O retrato dun home que, nas […]