Segunda edición para 'O lobishome de Candeán'

Categoría: Nova

Estes días chegou ás librerías a segunda edición da novela 'O lobishome de Candeán', de Paula Carballeira, novela de misterio, de lobos e de noites tebrosas que está a gozar dun grande éxito entre a mocidade galega. Dende o intre da súa publicación converteuse nun texto favorito nos institutos e colexios de Galicia.
Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes.
Se queres saber cal pode ser esa posible explicación, terás que mergullarte nas páxinas deste libro apaixonante.

Comparte nas túas redes sociais ou por email