Charles John Huffan Dickens (Portsmouth, 1812 – Gad’s Hill Place, 1870), famoso novelista inglés e un dos máis coñecidos da literatura universal. Soubo manexar con mestría o xénero narrativo, o humor, o sentimento tráxico da vida, a ironía, cunha aguda e álxida crítica social así como as descripcións de xentes e lugares, tanto reais como imaxinarios.
Críticas posteriores, como as de George Gissing e G. K. Chesterton, defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como creativos e inolvidables e a súa sensibilidade social como atraente. Non obstante, tamén recibiu críticas dos máis extraordinarios lectores, incluíndo a George Henry Lewes, Henry James, e Virginia Woolf, quenes sinalaron certos defectos, como sentimentalismo difuso, acontecidos irreais e personaxes grotescos.
A popularidade das súas novelas e relatos cortos durante a súa vida e na actualidade é fácilmente demostrada polo feito de que ningunha se deixou de publicar. Dickens escribiu novelas seriadas, un formato usual para a ficción na súa época, pola simple razón de que non todo o mundo tiñá os recursos económicos necesarios para comprar un libro, e cada nova parte das súas historias era esperada con gran entusiasmo polos seus lectores, nacionais e internacionais. Dickens é actualmente, coma sempre o foi, admirado por escritores en todas partes coma un ídolo literario.