Estás aquí:

Código: 18599

Materiais do libro

O ano de Don Paco – Letras Galegas 2023

Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil

16,90  IVE INCLUIDO

LETRAS GALEGAS 2023

Un home pode valer por mil? Vexamos: Paco del Riego foi membro das Irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, da organización xuvenil Ultreia, dirixente estudantil, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, colaborador de prensa, secretario de Actas da Comisión para o Estatuto de Autonomía, conferenciante, crítico de arte, fundador de Editorial Galaxia, preso político, secretario do Partido Socialista Galego, director de Artes Gráficas Galicia, editor, director da revista Grial, académico e presidente da Real Academia Galega, director da Fundación Penzol, escritor, divulgador, coleccionista de arte, bibliófilo…

E aínda tivo tempo para gozar da vida.

Pois si, semella que Francisco Fernández del Riego foi un home que valía por mil!

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 36
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 10/03/2023
Dimensións 210 x 295 mm.
Colección: Varios
Nº na colección: 169
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-998-0
Observacións:

AUTORES/AS

Carreiro, Pepe
Pepe Carreiro

(Vigo, 1954).

Como humorista gráfico colaborou en medios como Faro de Vigo; Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Tempos Novos, Xornal de Galicia, Praza Pública e Nós diario, entre moitos outros. Fundou a revista satírica XO! «a voz que para a bestas», e, xunto con Antón Mascato e Gogue, a revista de humor Can sen Dono

En banda deseñada deu ao prelo os álbumes da serie Os Barbanzóns, Baroña ou morte, No solpor da prehistoria, A noite de Samaín e A noite das cacharelas, e como debuxante, ilustrador infantil e escritor publicou as series Os Bolechas, varios contos para coleccións de distintas editoriais, e foi autor e guionista da serie de televisión Os Bolechas, da TVG, para o programa Xabarín Club. Tamén publicou os libros de humor gráfico Fraga na Galiza (1997) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (2004).

Foto do autor: © José Gorís.

As súas obras

Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil
9788491519980
16.90€ CON IVE
Mascato, Antón
Antón Mascato

(O Grove, 1957) Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa. Desenvolveu o seu labor profesional no mundo da edición, en Vigo, como director de produción de Ir Indo Edicións, director de Edicións do Cumio e directivo do grupo NovaGalicia. Tivo cargos de responsabilidade nas xuntas directivas da Asociación Galega de Editores e na Federación dos Gremios de Editores de España, e foi membro do Consello da Cultura Galega, ademais doutros cargos, e fundou, con Pepe Carreiro e Gogue, a revista de humor gráfico e literario Can sen Dono.

Entre as súas publicacións destacan, Atila no Grove. Crónica política e memoria do masacre (1923-1948) (2019), Paco del Riego. Unha historia da restauración política cultural (2000), A Irmandade Galeguista do Grove (2021), Do exilio interior de Compostela á Galicia universal. Francisco Fernández del Riego (2023).

Foto do autor de: © Cruz López.

 

As súas obras

Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil
9788491519980
16.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

A historia de Sara
9788491519768
20.90€ CON IVE
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
12.50€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.70€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE