Escoller onde buscar

Pepe Carreiro

Pepe Carreiro
Pepe Carreiro

(Vigo,  1954)

Como humorista gráfico colaborou en medios como Faro de Vigo; Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Tempos Novos, Xornal de Galicia, Praza Pública e Nós diario, entre moitos outros. Fundou a revista satírica XO! “a voz que para a bestas”, e, xunto con Antón Mascato e Gogue, a revista de humor Can sen Dono

En banda deseñada deu ao prelo os álbumes da serie Os Barbanzóns, Baroña ou morte, No solpor da prehistoria, A noite de Samaín e A noite das cacharelas, e como debuxante, ilustrador infantil e escritor publicou as series Os Bolechas, varios contos para coleccións de distintas editoriais, e foi autor e guionista da serie de televisión Os Bolechas, da TVG, para o programa Xabarín Club. Tamén publicou os libros de humor gráfico Fraga na Galiza (1997) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (2004).

Foto do autor: © José Gorís

As súas obras

Franscisco Fernández del Riego. O home que valía por mil
9788491519980
16.90€ CON IVE