(O Grove, 1957) Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa. Desenvolveu o seu labor profesional no mundo da edición, en Vigo, como director de produción de Ir Indo Edicións, director de Edicións do Cumio e directivo do grupo NovaGalicia. Tivo cargos de responsabilidade nas xuntas directivas da Asociación Galega de Editores e na Federación dos Gremios de Editores de España, e foi membro do Consello da Cultura Galega, ademais doutros cargos, e fundou, con Pepe Carreiro e Gogue, a revista de humor gráfico e literario Can sen Dono.
Entre as súas publicacións destacan, Atila no Grove. Crónica política e memoria do masacre (1923-1948) (2019), Paco del Riego. Unha historia da restauración política cultural (2000), A Irmandade Galeguista do Grove (2021), Do exilio interior de Compostela á Galicia universal. Francisco Fernández del Riego (2023).
Foto do autor de: © Cruz López.