Estás aquí:

Código: 18538

Materiais do libro

Guía didáctica – “Na cerna da selva”

Na cerna da selva

15,50 € IVE INCLUIDO
Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forte amizade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 16/11/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 136
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-933-1
Observacións:

AUTORES/AS

Tobaruela, Pere
Pere-Tobaruela

é, como di el, “andaluz de orixe, catalán de nacemento e galego de adopción”, xa que leva desde finais de 2005 asentado en Galicia, en Rois. Estamos diante dun escritor políglota que deu os seus primeiros pasos literarios en catalán, intercalando a escrita dalgunha novela en castelán, para despois desenvolver unha extensa obra en galego. Con máis de sesenta títulos publicados, maioritariamente escritos na nosa lingua, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, conto, novela… Dentro da súa produción atopamos, as máis delas, obras infantís e xuvenís, pero tamén hai algunha para o público adulto. Na cerna da selva é a súa primeira novela en Editorial Galaxia.

As súas obras

Na cerna da selva
9788491519331
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
18.30€ CON IVE
A besta moura
besta
13.60€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
15.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.80€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.95€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
15.40€ CON IVE
A dona de Auria
9788411760140
15.90€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
12.85€ CON IVE