Estás aquí:

Código: 18637

Materiais do libro

Guía didáctica – Miss antropia

Miss Antropía

18,25  IVE INCLUIDO

Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro.
A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo. Calquera cousa que permita fuxir dos erros do pasado e reconstruír unha existencia feita anacos. Pero a vida da rapaza non cambia. A mesma soidade. A mesma rabia.
De pronto, na nova casa, os soños de Noe comezan a poboarse de persoas ás que non coñece, de mortos, de situacións violentas que non acaba de entender. Emprenderá unha investigación para dilucidar se hai algo de real neses soños ou se dunha vez por todas se volveu tola, como moitos lle din que está.
O que descubrirá será algo terrible, que a cambiará para sempre e que a axudará a atopar o seu lugar no mundo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 272
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/04/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 141
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-019-5
Observacións:

AUTORES/AS

Castro Paredes, Fernando
Fernando Castro Paredes

(Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo coordinador da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco, de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades pola xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Como dramaturgo, formouse nos talleres do Centro Latinoamericano de Creación e Investigación Teatral e recibiu recoñecementos como os premios Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro e Roberto Vidal Bolaño, entre outros. Algunhas das súas pezas son A derradeira bala (Galaxia, 2018), Pallaso (2020), Sincronizadas (2020), Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (2020) e Papiroflexia (Galaxia, 2021).

Como novelista, é autor de Miss Antropía (Galaxia, 2023) e Entomoloxía para misioneiros (Galaxia, 2023, Premio García Barros).

As súas obras

Papiroflexia
9788491516446
14.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
18.30€ CON IVE
A besta moura
besta
13.60€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
15.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.80€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.95€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
15.40€ CON IVE
A dona de Auria
9788411760140
15.90€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
12.85€ CON IVE