Estás aquí:

Código: 18723

Melodías e voces esquecidas. Un século de escena lírica en Vigo (1832-1931)

28,00  IVE INCLUIDO

Melodías e voces esquecidas é unha máquina do tempo, que nos traslada ao pasado dun Vigo en continua evolución, e móstranos como era a súa sociedade, os seus teatros, os seus gustos culturais, musicais e como todo isto se vai consolidando, e cambiando, ata un século despois.

Carlos Enrique Pérez, plasma neste traballo o retrato dunha cidade e das súas xentes ao longo dun período clave da súa historia máis recente, e afonda en aspectos como o marco urbano e o contexto social, os espazos escénicos, as compañías líricas itinerantes, as sociedades de recreo e salóns burgueses, a música dos cafés e, por suposto, o desenvolvemento das propias tempadas líricas, coas súas grandes ou modestas estrelas, compositores e obras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 472
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 20/09/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 122
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-150-5
Observacións:

AUTORES/AS

Enrique Pérez, Carlos
Carlos Enrique Pérez

é catedrático de Repertorio Vocal con Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo e doutor en musicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Valladolid. Como profesor, impartiu clases en diversos centros oficiais, como os conservatorios profesionais de música de Vigo, Redondela, Tui e Pontevedra, centro do que foi director.

A súa actividade en concertos centrouse no repertorio camerístico, tanto instrumental como vocal, e colaborou regularmente como repertorista en cursos e certames de interpretación vocal, como o Compostela Lírica. Tamén desenvolveu labores de presentador de concertos didácticos, relator en mesas redondas e conferencias, e no ámbito musicolóxico conta con distintos artigos e publicacións.

As súas obras

Melodías e voces esquecidas. Un século de escena lírica en Vigo (1832-1931)
9788411761505
28.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
23.55€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
24.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.95€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
15.20€ CON IVE