Enrique Pérez, Carlos

Carlos Enrique Pérez
Enrique Pérez, Carlos

é catedrático de Repertorio Vocal con Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo e doutor en musicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Valladolid. Como profesor, impartiu clases en diversos centros oficiais, como os conservatorios profesionais de música de Vigo, Redondela, Tui e Pontevedra, centro do que foi director.

A súa actividade en concertos centrouse no repertorio camerístico, tanto instrumental como vocal, e colaborou regularmente como repertorista en cursos e certames de interpretación vocal, como o Compostela Lírica. Tamén desenvolveu labores de presentador de concertos didácticos, relator en mesas redondas e conferencias, e no ámbito musicolóxico conta con distintos artigos e publicacións.

As súas obras

Melodías e voces esquecidas. Un século de escena lírica en Vigo (1832-1931)
9788411761505
28.00€ CON IVE