Maxina ou a filla espuria

Marcial Valladares Núñez

A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa colaboración da Real Academia Galega. Dixitalización do manuscrito realizada por: Unayta (www.unayta.es)

En Maxina, seguindo moldes da novela folletín da época, cóntase a tormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unha moza da burguesía compostelá que é violada nun baile de máscaras, a consecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co fin de preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logo recollida e criada polos labregos Inés e Caitán, xunto ao seu medio irmán Ermelio, afillado de Salvio, o señorito de Rebordán, namorado e pretendente de Otilia. O azar folletinesco acabará permitindo coñecer a orixe de Maxina, descubrir o autor da violación, proclamar a inocencia de Otilia e saber do futuro de Maxina, localizándose a acción entre 1850 e 1868 nas, para o autor, queridas paisaxes da Ulla.

Nesta edición ofrécese un texto actualizado, para facilitar o acceso á súa lectura, e acompañado coa reprodución facsimilar caligráfica do manuscrito orixinal realizado en 1870 e depositado nos arquivos da Real Academia Galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 216
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 185 x 270
  • Data Publicación : 14/06/2021
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-643-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 147
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Camiño bretemosoXosé Neira Vilas
Remuíño de sombrasXosé Neira Vilas

Autor/a

Valladares Núñez, Marcial
(Vilancosta, Berres-A Estrada, 14-VI-1821-20-V-1903) ocupa un posto sobranceiro entre os Precursores, que se propuxeron devolverlle a Galicia a dignidade política e cultural como pobo que lle foran negando nos séculos anteriores, e foi sen dúbida dos que máis entusiasmo puxo en cultivar “as cousas da súa Terra”: as súas tradicións e costumes, a súa literatura, a súa lingua…, para que fosen motivo de orgullo para os galegos e, asemade, para que fosen coñecidas polas xeracións vindeiras, para o que realizou variados traballos, entre os que destacan o Diccionario gallego-gastellano, publicado en 1884, e a considerada primeira novela en galego, Maxina ou a filla espuria, publicada en 1880 por entregas na revista madrileña La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Murguía, e cunha primeira edición en libro en  Editorial Galaxia en 1970.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR