Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.
Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na misera, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por unha historia de amor. Unha novela para pensar nas persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas. Pero tamén unha novela para pensar nas persoas que as cambian, para mellor, todos os días.

(Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.
Foto do autor de: ©Imaxefree-Hugo L. Arias.