A colección Costa Oeste de Galaxia reapararece cun novo deseño

Categoría: Nova

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia dous novos títulos da colección Costa Oeste que a editorial Galaxia pon á disposición do lectorado xuvenil. Desta volta, ademais, cun novo deseño no que a fotografía vai protagonizar o espazo da cuberta, reflectindo así a vida que as historias pensadas para esta colección levan dentro.
Os dous primeiros lanzamentos desta nova xeira son os libros de Pepe Carballude, 'Marxinados' e a tradución dende o catalán, realizada por Ramón Nicolás, de 'Debuxos no muro' de Aurora Ruá. En ambas as historias terán moito protagonismo as rapazas e os rapaces novos que terán que enfrontarse a situacións e probelmáticas que van facer que medren, tamén, por dentro.
A Editorial Galaxia aposta, pois, por seguir servindo ao lectorado mozo lecturas interesantes, agora, tamén, dende un deseño máis moderno e visulamente moi poderoso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email