Entregados en Betanzos os Premios da Edición

Categoría: Nova

A gala dos premios da edición deste ano tivo unha protagonista destacada na figura de Berta Dávila, quen, ademais de levar o Premio ao Mellor Libro de Ficción por 'O derradeiro libro de Enma Olsen', foi distinguida como autora do ano, recoñecendo así a brillantez do seu labor creativo durante o ano 2013.
Ademais, a tradución do 'Ulises' de James Joyce realizada por María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Valle fíxose merecente do premio á tradución máis salientable do ano pasado.
Daquela, unha moi boa colleita a deste ano na que o gremio editorial quixo galardoar a aqueles creadores e produtos editoriais que máis destacaron durante un ano, o pasado, vizoso, polo que se ve, en moitos aspectos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email