Premio Roberto Vidal Bolaño 2022
Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito non lineal, ademais de Roi, tamén teñen cabida as voces dos seus achegados, que amosan os feitos e as súas consecuencias desde diversos puntos de vista. Lume é unha invitación a preguntarnos de onde procede a violencia.

(Xerez da Fronteira, 1977). É autor de O círculo (Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, 2018), Asfixia (Premio Abrente do MIT de Ribadavia, 2019), A cámara escura e Lume (Premios Roberto Vidal Bolaño, 2020 e 2022), El niño que se escondía dentro de una caja de galletas (Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro, 2021), Segunda morte (Premio Teatral Varela Buxán, 2021), Nas nubes (Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modali- dade de adultos, 2022), La vida interior de los seres planta (Premio Certame Internacional de Textos Teatrais Orlando Hernández Martín, 2023), Fóra de xogo (Galaxia, 2024) Premio Carlos Mosteiro 2023, A porta. Un relato de violencia (Premio Laudamuco para textos teatrais, 2024) e A letra pequena das cousas (Galaxia, 2024) Premio de Textos Teatrais Infantil Morales Martínez 2024).
Foto do autor: ©Eva Camba.