(Xerez da Fronteira, 1977). Licenciado en Antropoloxía Social, cursou estudos sobre teatro social e teatro do oprimido. Autor da obra O faiado, da compañía Ó Cubo Teatro, A espera, de Titereficcións, e de Suit(e) up, de Fanfarra Teatro. Como dramaturgo, nos últimos anos obtivo varios premios teatrais, entre os que destacan o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018) con O círculo, o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019) con Asfixia, o Premio Roberto Vidal Bolaño (2020) con A cámara escura, o Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro (2021), con O neno que se agochaba dentro dunha caixa de galletas, o Premio teatral Varela Buxán (2021) con Segunda morte, e o Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modalidade de adultos (2022) con Nas nubes.
Foto do autor: ©Eva Camba