Premio de Textos Teatrais Infantil Morales Martínez 2024
Carlos entra nunha tenda de roupa dunha multinacional para mercar unha camiseta. Na etiqueta atopa unha misteriosa mensaxe cosida. Seguindo as súas puntadas, e coa axuda de Sofía, dependenta da tenda, descubrirá a vida de Salma, unha cativa que traballa nunha fábrica téxtil dun afastado país.

(Pontevedra, 1997) estudou Artes Plásticas e Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, compaxinándoo coa súa carreira autodidacta en ilustración. Expón as súas obras en redes sociais e en feiras de artesanía por toda Galicia. Colaborou con Lenda Pet Food, Digital Spoon Studio e Baobab Teatro. O seu traballo en redes atópase en @anaguchi_

(Xerez da Fronteira, 1977). É autor de O círculo (Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, 2018), Asfixia (Premio Abrente do MIT de Ribadavia, 2019), A cámara escura e Lume (Premios Roberto Vidal Bolaño, 2020 e 2022), El niño que se escondía dentro de una caja de galletas (Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro, 2021), Segunda morte (Premio Teatral Varela Buxán, 2021), Nas nubes (Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modali- dade de adultos, 2022), La vida interior de los seres planta (Premio Certame Internacional de Textos Teatrais Orlando Hernández Martín, 2023), Fóra de xogo (Galaxia, 2024) Premio Carlos Mosteiro 2023, A porta. Un relato de violencia (Premio Laudamuco para textos teatrais, 2024) e A letra pequena das cousas (Galaxia, 2024) Premio de Textos Teatrais Infantil Morales Martínez 2024).
Foto do autor: ©Eva Camba.