VI PREMIO DE LITERATURA INFANTIL CARLOS MOSTEIRO
En Kabul, Zainab, unha nena de dez anos, ten un gran segredo: xoga ao fútbol ás agachadas nun recanto do patio despois das clases. Alí coñece a Sahraa, coa que compartirá a súa gran paixón e á que lle ensinará as regras do xogo. Pero teñen que ter moito coidado, as aguias e os señores corvos poden descubrilas. Fóra de xogo narra a historia dunha amizade, reivindica o dereito das nenas a través do deporte e os soños compartidos nunha situación discriminatoria e de desesperanza.
(Xerez da Fronteira, 1977). Como dramaturgo é autor de O círculo (Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, 2018), Asfixia (Premio Abrente do MIT de Ribadavia, 2019), A cámara escu- ra e Lume (Premio Roberto Vidal Bolaño, 2020 e 2022), El niño que se escondía dentro de una caja de galle- tas (Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro, 2021), Segunda morte (Premio Teatral Varela Buxán, 2021), Nas nubes (Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modali- dade de adultos, 2022), La vida interior de los seres planta (Premio Certame Internacional de Textos Teatrais Orlando Hernández Martín, 2023) e A porta. Un relato de violencia (Premio Laudamuco para textos teatrais, 2024).
Fóra de xogo é a súa primeira novela infantil.
Foto do autor: ©Eva Camba.