Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel MaríaMercedes Queixas ZasPREMIO GALA DO LIBRO GALEGO 2017 NA CATEGORÍA DE ENSAIO A casa outeirense, a tribo chairega e a nación galega representan a triple razón de vida en que Manuel María afinca o seu universo biográfico e literario. Neste libro, Mercedes Queixas segue o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasChega ás librarías Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María2016-03-02 00:04:42 Entrevista a Mercedes Queixas, autora de Labrego con algo de poeta2016-03-10 08:41:00 Achegas fundamentais para coñecer a vida e obra de Manuel María2016-03-30 09:06:10 Presentación do novo libro de Mercedes Queixas en Cambados2016-04-01 09:05:17 Presentacións da biografía de Manuel María en Vigo e Pontevedra2016-04-28 11:25:40 Presentación de LABREGO CON ALGO DE POETA en Vilalba2016-06-20 08:52:57
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||
|